“P. Pero non existe contradición entre a cultura de masas e a cultura popular?
Por exemplo, eu, que nacera en Ourense, fiquei cos meus avós cando os meus pais emigraron e sufrín inmersión lingüística en galego. Ía canda meu avó en burro á cabeceira da comarca, á única taberna que tiña televisión, ver a teleserie do Oeste Bonanza. Atabamos a besta na porta e, na serie, os vaqueiros chegaban ao saloon e ataban o cabalo na porta. Para nós había analoxía, era case un mundo contemporáneo. Ou as orquestras, que tocaban unha peza popular e logo unha dos Brincos...” (BIEITO IGLESIAS: "Nas clases medias suceden poucas cousas". El País, ed. Galicia, Galicia, 02/05/2008, p. 9)
No hay comentarios:
Publicar un comentario