8/10/08

El papel del artista, y el del cinismo

"P. Como entende o achegamento da arte contemporánea ao público?

R. Para min hai dúas claves: rigor e entusiasmo crítico. A interlocución co público sempre ten que estar realizada desde o rigor, a investigación e o convencemento de que o espectador dun centro de arte non é un consumidor, non lle hai que vender nada. A popularización non conduce a nada, senón o rigor, os argumentos e un vocabulario ponderado que a xente poida entender. Non significa que o público teña que dar a razón, antes ben trátase de convidalos a que se afagan a visitarnos para que poidan emitir o seu xuízo, e aí cadaquén saberá de que se sinte máis próximo. O costume é moito máis importante cás cantidades; hogano, non me importa canta xente vai senón cada canto veñen.

Cero cinismo, entusiasmo crítico. O cinismo é a ausencia de pensamento.

A miña confianza nos artistas é ilimitada porque son un sector absolutamente necesario. Imaxinen unha sociedade sen artistas! O artista é unha figura, grazas a Deus, que está fóra das estructuras superreguladas das nosas sociedades e, polo tanto, é indispensábel para entendelas. É quen de ser libre para se introducir en moitos mundos e analizalos coas materialidades que crea. Nestas sociedades nas que todo val para todo, é máis fundamental ca nunca que existan estes axentes dobres." (CHUS MARTÍNEZ (Directora do Frankfurter Kunstveirein ):"Os galegos temos unha cabeza que pensa no futuro". El País, ed. Galicia, Galicia, 03/10/2008, p. 10)

No hay comentarios: