19/4/17

O cambio climático é unha realidade que xa está a afectar e continuará facéndoo nun futuro próximo para o desenvolvemento sustentable da acuicultura e a pesca en todo o mundo

"Xosé Antón Álvarez Salgado, do Instituto de Investigacións Maríñas, explica na revista National Geographic o proxecto ClimeFish para estudar e predicir os efectos do cambio climático nos mexillóns galegos e outras especies mariñas.

 Galicia é, despois de China, líder mundial en cultivo e comercialización de mexillóns. As nosas rías contan con máis de 3.300 bateas. Porén, este molusco, ao igual ca outras especies, enfróntase aos riscos que supón o cambio climático.

Co obxectivo de estudar e avaliar estes efctos nas especies do mar, púxose en marcha o proxecto ClimeFish, financiado pola Comisión Europea e coordinado pola Universidade de Tromso (Noruega) para "predicir e proporcionar directrices para o impacto do cambio climático en especies mariñas e continentais de interese comercial".

Entre os participantes de Europa, Canadá, Chile e Vietnam atópase o Instituto de Investigacións Maríñas do CSIC; con base en Vigo, cuxo obxectivo é avaliar como o quecemento global afectará a produción de alimentos procedentes da pesca e a acuicultura nos próximos 50 anos e, particularmente, aos mexillóns, de especial importancia para a acuicultura en Galicia, que xera o 98% da produción total de mexillóns en España, con 200.000 toneladas anuais.

Cos datos obtidos do estudo, elaboraranse plans estratéxicos para as empresas que explotan esta especie de alto valor comercial e vital para a economía galega.

A importancia deste proxecto queda recollida no novo número de abril da revista National Geographic, na súa edición española, onde Xosé Antón Álvarez Salgado, investigador principal do proxecto ClimeFish no CSIC, explica o proxecto e os resultados que están acadando.

"O cambio climático é unha realidade que xa está a afectar e continuará facéndoo nun futuro próximo para o desenvolvemento sustentable da acuicultura e a pesca en todo o mundo. A poboación mundial está a crecer e a demanda de alimentos está a aumentar, polo que é necesario facer un esforzo para predicir como este fenómeno global afectará a extracción e produción destes recursos, para desenvolver plans para adaptarse á nova situación que permite tomar decisións para mitigar o seu efectos e mesmo aproveitalos ", explica Salgado."             (Galicia confidencial, 10/04/17)

No hay comentarios: