24/3/14

O prezo dos alimentos cuadriplícase do agricultor ao consumidor

"A diferenza entre o prezo que lle pagan ao agricultor en orixe polos seus produtos e o que paga o consumidor final na tenda ou no supermercado foi de máis do 400% durante o mes de xaneiro. Dito doutro xeito, os prezos destes alimentos en orixe multiplicanse por 4,07 ao chegar ao consumidor, unha enorme diferencia que vai a mans dos intermediarios.

Así se pon de manifesto no Índice de Prezos en Orixe e Destino dos Alimentos (IPOD) que elabora mensualmente a Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos (COAG). A diferenza dos prezos entre o agricultor e o consumidor foi maior no caso dos produtos de horta (4,3 veces) que nos gandeiros (3,17).

Como exemplos máis salientables está o repolo, que pasou dos 0,14 euros percibidos polo agricultor aos 1,25 euros pagados polo consumidor, 8,93 veces máis, cun incremento do 793%. 

Outros encarecementos que se reflicten son os da laranxa, cuxo prezo multiplicouse por 7,33, desde  0,18 a 1,32 euros por kilo, o limón que pasou de 0,31 céntimos a 1,68 euros, o que implica un 442% máis, e o da couveflor, cuxo valor aumentó entre orixe e destino 5,96 veces, de 0,28 a 1,67 euros por kilo.

Entre os produtos gandeiros, destaca a diferencia para a carne de coello, que se multiplicou por
2,88, desde os 1,85 euros en orixe aos 5,33 en destino.

Unha mostra: Mercamadrid

O público en xeral pode ver esta gran diferencia de prezos consultando a web de Mercamadrid, o maior mercado de produtos de horta, carne e peixe da Península, que é a refencia de prezos para todo o Estado.

Compre sinalar que os prezos que se observan son parciais, xa que son os prezos que se pagan aos intermediarios que xa lle mercaron os produtos aos agricultores e gandeiros. De figurar os prezos en orixe, a diferencia sería moito maior, na liña do estudo da COAG.

A relación directa entre agricultor e consumidor, unha alternativa posible

Fronte a este modelo que empobrece aos agricultores e gandeiros e que se basea nunha agricultura e gandeiría intensivas, que deterioran o medioambiente e minguan a calidade e os valores nutritivos dos produtos, cada vez se consolidan máis a relación directa entre agricultor e consumidor a través de cooperativas de consumo e mercados locais de proximidade baseados nun produto local e producido de forma sustentable. Este é o IPOD"                     (Galicia Confidencial, 06/02/2014)

No hay comentarios: