13/2/08

Dirigismo cultural

“P. Hai dirixismo?

R. En parte si. A dependencia real das institucións favorece a intrusión e a intromisión. A vulnerabilidade económica non debera limitar o dereito á liberdade artística. O dirixismo dificulta a aparición de novas formas, ou máis arriscadas, provoca estados letárxicos e perda de vitalidade. En certa medida estáse dicindo que tipo de teatro hai que facer, e non se pode comisariar o gusto... Teatro de familia, por exemplo. E tamén se lles está dicindo aos programadores que tipo de teatro e en que tempos programar. Ás veces hai improvisación e falta de información e transparencia na organización de circuítos e programacións especiais por parte do IGAEM e da Dirección Xeral.” (ÁNXELES CUÑA: "O teatro debe buscar espectadores, non consumidores". El País, ed. Galicia, Galicia, 08/02/2008, p. 9)

No hay comentarios: