31/8/21

"O principal problema dos cans hoxe en día é o estrés xa que non os deixamos ser cans"

 "A Concellería de Benestar Animal de Pontevedra puxo en marcha a mediados de xuño o proxecto "Bo cidadá canino, boa cidadá canina", unha campaña para fomentar a recollida das deposicións e a limpeza dos ouriños nos espazos públicos.

 Agora, o concelleiro, Marcos Rey, quere dar un paso máis cunha iniciativa na que cans e donos recibirán formación co obxectivo de converterse en modelo de educación e convivencia cidadá. "A nosa cidade aspira a ter os cans e donos máis educados, respectuosos e civilizados do mundo", dixo o concelleiro nun comunicado. 

Unha vintena de cans e coidadores, divididos en dous grupos, terán a oportunidade de participar nestes talleres, que serán impartidos polo club canino Diverti Cans unha vez á semana durante os próximos catro meses. Unha vez finalizados os obradoiros habe´ra unha avalización final coa que, se logran superar o 80%, lles será concedido un carné de aptitude e un chaleco de bo cidadá canino. 

Tal e como sinalou Marcos Rey, para poder formar parte dos cursos os cans deben cumprir os requisitos: "estar censados en Pontevedra, estar ao día na cartilla sanitaria, dispor dun microchip, ter unha idade de entre oito meses e tres anos, non ser un can potencialmente perigoso e superar unha entrevista". Todas aquelas persoas interesadas poden inscribirse ata o día 9 de setembro.

CONVERTER PONTEVEDRA NUNHA CIDADE EXEMPLAR

O responsable de Diverti Cans, Carlos Souto amosouse orgulloso desta iniciativa e lembrou que "os cans non son xoguetes. Cando remate o curso, a xente que participe vai falar dun xeito moi distinto da súa mascota. A nosa intención é que Pontevedra sexa unha cidade exemplar no munido canino". 

O seu compañeiro, Diego Álvarez, agarda que os cursos permitan acabar con "conceptos erróneos" que temos sobre os nosos animais. O monitor precisou que "o principal problema dos cans hoxe en día é o estrés", xa que "non os deixamos ser cans", advertiu. "              (Galicia Confidencial, 27/08/21)

No hay comentarios: