27/11/09

Dios, el infierno, la iglesia... en pocas palabras...

"A miña teoloxía vive dunhas cantas intuicións moi claras, e procuro ser coherente e honesto coas súas consecuencias, tamén as filosóficas. O mundo está entregado ás nosas mans, e Deus chámanos a que o transformemos. Se eu lle pido que remate coa fame de África, bótolle a culpa a el e excúlpome a min. Iso, que para min é evidente, causou un escándalo. Sobre a cuestión do inferno tamén o houbo, cando eu só digo que é absurdo que un Deus que nos crea por amor nos poida facer inmortais para que esteamos sufrindo eternamente... Na teoloxía, hoxe, penso que hai un gran défice de filosofía. (...)

Escribiu que os valores evanxélicos "proban que unha revolución é posible dentro da Igrexa católica".

R. O gran problema do goberno eclesial é a falta de democracia, por un sentido xerárquico sacralizado. Os evanxeos son expresamente ultrademocráticos; por estrutura, o cristianismo é revolucionario. Ollo: nos peores momentos da Igrexa, séguese lendo o Evanxeo; por iso suscita revolucións. De feito, os tempos de Pío XII eran moito máis pechados e veu o Concilio Vaticano II: Xoán XXIII recoñeceu a necesidade de abrir as fiestras. Esa cachoeira de renovación, como toda revolta, xerou conflitos. O ton público desde entón é de restauración, pero a sementeira de ideas que foi o Concilio segue xermolando." (ANDRÉS TORRES QUEIRUGA Filósofo e teólogo: "Se lle pido a Deus que remate coa fame, estoulle botando a culpa". El País, ed. Galicia, Galicia, 06/11/2009, p. 9)

No hay comentarios: