"Hoxe existen amplos sectores sociais enfrontados coa globalización capitalista, tanto nos seus aspectos sociais coma na defensa de diversas soberanías: ambientais, alimentarias, produtivas, lingüísticas...
As labregas están a xogar un papel de argamasa indispensable para unha acción global.
Nas últimas mobilizacións agrarias encabezadas polo SLG en Galicia, e pola ECVC en Europa, puidemos comprobar que arredor das compañeiras labregas xuntámonos xente que noutras circunstancias sería difícil que compartise a mesma mesa.
E non esquezamos que os pequenos labregos e labregas, a pesar do proceso de agroindustrialización impulsado polas grandes multinacionais de distribución, son e seguen a ser os que nos dan de comer.
Hoxe a batalla polo cambio social estase a dar fundamentalmente no campo, desde Brasil a Galicia, pasando por Ecuador ou pola India." (Comentario al artículo de Xoan Hermida: Labregas. Vieiros, 19/11/2009)
" #1 hai 2 dias Raimundo
Moi interesante, inda que confuso artigo. Mexclanse obreiros, labregos, tempos...
O que está a pasar cos labregos... no é novo... leva pasando dende a primeira industrializacion...
Os labregos son esfameados... teñen que emigrar as cidades, a traballar pola comida... e asi xurden os grandes capitais...
Primeiro os labregos ingleses... os galegos, os do sur do Mediterraneo... os rusos... hoxe os chineses, os árabes, os africanos, os sudamericanos...
As súas costas crecen as grandes fortunas chinesas, rusas... que despois viaxan polos canais da globalización... económica, ata os paraísos fiscais, a financieira.
A globalización é unha industrialización... distinta das antigas... os obreiros que crea sonche moi variados, sí, dacordo...
Pero o que nunca cambea é o desterro do campesiñado... a orixe da globalización.
A uneca solución é crear redes mercantís entre labregos e os das cidades, saltando os intermediarios, pra que poidan vivir ben... levando pequenas industrias ao campo...
Se venden mazas, tamen venden mermelada de maza... se teñen leite, tamén manteca, queixo... feito todo en pequenas industrias nas aldeas...
Se non... emigrar as cidades... como todos..."
No hay comentarios:
Publicar un comentario